Son unha avogada a que se lle da ben procurar solucións os problemas mercantís dos meus clientes.
Se es autónoma ou empresa, e queres protexer o teu produto, ou deixar claras as condicións da prestación do teu servizo, precisas un contrato; si sodes varias as que prestades os servizo, ou construídes o produto, precisas un documento que recolla os vosos pactos.
Son dous exemplos das cousas que se me dan ben, pero ollo, con sentidiño, non gastemos nun avión, se non temos posibilidade de voar, e temos que seguir andando.
-
2+2 tips legais: non metas a zoca na túa web
21 Setembro, 2024 ás 11:10 a.m. CEST en ENRIBACharla curta, Galego
Tips legais para non meter a zoca ca túa web. Sabes que podes conseguir entender a linguaxe xurídica dos termos legais? Sabes como debemos protexer a privacidade e os dereitos de propriedade intelectual dos demais como a nosa? Isto é do que imos falar en 3, 2,1…