Taller e do_action hackathon

A Comunidade de WordPress Pontevedra quixemos organizar unhas actividades previas á WordCamp nas que atraer a xente nova. Un xeito de amosar as posibilidades desta ferramenta, e facerlles comprender que non son cousas só de frikis.

Para iso, pensamos en coordinar dúas actividades distintas nun mesmo día e lugar, no que  xuntar a principiantes, usuarios e profesionales de WordPress.

Pensamos neste formato porque queremos ser un grupo aberto no que cualquera teña o seu lugar, e formar parte da sociedade pontevedresa. Crear sinerxias con outros grupos, colaborando con boas causas e loitando contra a fenda dixital.

Esta actividade está pensada para calquera que lle interese descubrir cómo vai iso de crear webs. Que sempre quixera ter unha web pero que lle dea perguiza, ou que lle pareza demasiado complicado para facelo pola súa conta.

Da man dun/ha gran profesional, adentraraste no mundo de WordPress e descubrirás o sinxelo e rápido que é crear unha web con este xestor.

do_action, simplemente é a forma que ten a Comunidade de WordPress de nomear a un evento no que nos reunimos para planificar e crear o sitio web dunhas organizacións sen ánimo de lucro de ámbito local nun só día.

Gracias ós participantes do taller de iniciación, a calquera que queira participar, e á Comunidade de WordPress, conseguiremos mellorar a visibilidade e presenza dixital destas asociacións para axudar a que os seus proxectos teñan un maior alcance.

IMPORTANTE:

Tanto o Taller de Iniciación coma o do_action son gratuitos e independientes da celebración da WordCamp ó día seguinte.

Anímate a participar e ser parte da nosa comunidade!

Co apoio de:

Logo Vicerreitoría do Campus de POntevedra. Universidade de Vigo
Ouro
Logo Bluehost
GoDaddy
Wpbeginner
Prata
Bronce
En especie
Sticker Mule
Ludoteca
Polbeiro
Espazo conecta