Voluntarios

Aquí tes ás persoas que neste ano colaborarán como voluntarios na WordCamp Pontevedra. Se precisas calquera cousa, non dubides en achegarte a eles e estarán encantados de axudarche no que precises.

O evento non sería posible sen a súa axuda!

Ohia

Ohia é unha enxeñeira de UX cun profundo enfoque no deseño visual.

Mais recentemente foi organizadora de WCEU 23 e 24 nos equipos de Comunidade e web. Actualmente, atópase organizando WordCamp Granada 2024, e o Día da Diversidade de WordPress Valencia.

Cando non está deseñando e creando sitios web, é profesora de inglés, defensora de ONG e organizadora comunitaria. ••• Se non responde aos correos electrónicos, consulte nas fragas.

Eva Llorca

Docente de Marketing Dixital e Xestora de Contidos, desde fai máis de 10 anos adicada á docencia, e máis de 12 ao Content Marketing. 

Desde hai 14 anos traballando baixo a súa propia marca persoal: Llorca Digital, como freelance, realizando contido para blogs, webs, ecommerce, redes sociais e material offline para todo tipo de empresas e sectores.

Mireia Murgoitio

Construíndo o meu propio castelo. Desenvolvo ideas, dixitalizo negocios, formo persoas, axudo a medrar como parte do progreso da sociedade.

David López

Son David López Pazos, son entrenador tecnolóxico, apasionado da tecnoloxía e sobre todo das personas.

Vivo en Pontevedra e disfruto do campo, en especial o de Galicia. A miña terra.

Encántame colaborar en iniciativas nas que gracias a un grupo de persoas variadas realízanse eventos e proxectos interesantes e que aportan.

É por iso que desfruto sendo voluntario da wordcamp de Pontevedra. Estar entre bambalinas para que a xente quede contenta e lle apeteza voltar e xerar comunidade. 

O equipo de Wordcamp Pontevedra está moi unido e é un pracer formar parte del.

Celi Garoe

Son copywriter, creo contido e xestiono proxectos dixitais baseados en WordPress para outros autónomos e pequenas empresas (algo así como unha man dereita). 

Desde que a WordCamp Pontevedra 2019 me deu a oportunidade de probalo, estou enganchada a esto de ser voluntaria. 😊

Toze Vasconcelos

Chámome Tozé e vivo coa miña muller, 3 fillos, 12 gatos e 1 can na miña casa de Oporto.

A miña traxectoria profesional ven do deseño e construcción de casas intelixentes. Un día decidín actualizar a web da nosa empresa e atopei WordPress… E desde entón, en 2015, namoreime de WP…

Formei parte da organización de varias WordCamp locais e europeas e engancheime a este extraordinario entorno de comunidades WordPress.

Encántanme os bos paseos e as mellores comidas, encántame o golf e vivo diante do meu portátil… Tomando café!

Verónica Couso

Onubense itinerante, con orixes galegas.

Adícome á ensinanza para adultos. Comecei a miña andadura na comunidade de WordPress no 2019. Asistín a varias WordCamp e coñecín persoas maravillosas 😀

Alice Castelejo

Veño de Portugal.

Son axente de viaxes.

Son unha persoa sociable. Encántame ler, a fotografía e viaxar.

Luis Centeno

Un amante da tecnoloxía e un curioso do deseño web

Jose Freitas

Especialízome en márketing e creación de sitios web que axuden ás empresas a vender máis con estratexias de comunicación sinxelas e claras.

Uso WordPress profesionalmente desde 2016, pero desde 2008 conozo e uso o CMS que cambiou o mundo.

Alicantino alimentado con cocido galego.

Desenvolvedor e asesor de estratexia en Internet para negocios locais.

Especialista en presenza online, soporte web e venta en Internet.

Mecánico WordPress.

Estudiante de 3º de E.S.O.

Eneko Garrido

Son unha persoa nada en 2003 que vive preto de Bilbao. Son desenvolvedor web.

Gústame adicarme a mellorar WordPress nos meus tempos libres.


Ademais diso, son presidente dunha asociación xuvenil.

Por se non fose pouco, como afeccionado ó ferrocarril que son, administro un blog de trens.

Nilo Vélez

Son de Madrid pero vivo en Sevilla, fago webs, traduzo cousas e paso moito tempo facendo cousas para a comunidade.

Brais Pato

Son desenvolvedor PHP e veño desde Ourense por segundo ano consecutivo a colaborar e desfrutar deste evento, esperámosvos.

Breixo Mariño

Coordinador de Proxectos web moi interesado en Marketing e Estratexia para negocios.

No grupo de amigos son o que monta as gynkanas ou procuras do tesouro cando imos de casa rural.

De vez en cando creo algún side-project como pidopapas.com.

Devoro podcasts de marketing, copywriting e SEO local mentras cuido da miña pequea horta.

Voluntario con ganas de axudar e coñecer aos cracks que tanto aportan a esta comunidade.

Co apoio de:

Logo Vicerreitoría do Campus de POntevedra. Universidade de Vigo
Ouro
Logo Bluehost
GoDaddy
Wpbeginner
Prata
Bronce
En especie
Sticker Mule
Ludoteca
Polbeiro
Espazo conecta