Así de primeiras, pode que non levantaras a man, ou que no te emocionase demasiado a idea. Pero non debes sentirte mal.

Cada vez resúltanos máis estraño abandonar o egocentrismo no que nos somerxe o mundo das redes sociais. Deixar de mirarnos o embigo e pensar nos demais.

Non como no noso público, seguidores ou clientes, senón, como en persoas de carne e óso con necesidades e preocupacións reais.

Vivimos nunha sociedade na que nos bombardean con mensaxes que fomentan o individualismo, a autosuficiencia, satisfacer os nosos propios caprichos.

Todo iso, enfocado a un claro consumismo no que depender de cousas materiais ou servizos. En vez de apostar por compartir e axudarnos de maneira colaborativa.

Ata que nos fan crer que o diñeiro e os beneficios son o máis importantenas relacións humanas.

Ser bo non é ser parvo

No che pagan por dar esa charla? Non cobras nada por organizar ese evento? Por que compartes de forma gratuíta os teus recursos ou coñecementos? Por que doas o que non precisas en vez de vendelo ou facer negocio con el?

Por que vas a axudar de balde a crear una web? Por que vas a malgastar o teu tempo con algo que non che vai beneficiar en nada?

Facer algo por altruísmo, por axudar a outros. Dar ou compartir o que tes, sen agardar nada a cambio. Aínda sorprende a unha gran maioría que non o entende. E que te miran como se foras un becho raro, ou peor incluso, idiota.

Pero os humanos sempre tivemos que axudarnos para poder sobrevivir calquera que fose a época. Compartir comida, refuxio, ferramentas, coñecementos, etc.

A solidaridade duns é a oportunidade doutros para seguir adiante. A colaboración, o unir esforzos e recursos, foi sempre o motor de grandes cambios e avances. Sobre todo, en tempos de dificultades.

Por iso, aínda que xa non nos xuntemos como antes para facer a matanza, a malla, a vendima, apañar patacas ou outras tarefas que antes se facían entre veciñanzas. Na actualidade, xurdiron numerosas comunidades colaborativas nas que o espírito de axudar, de colaborar e compartir, se mantén vivo.

Sempre se recolle o que un sembra

Seguramente oirías esta expresión moitas veces, pero canto ten de certo?

Axudar a outros fainos sentir mellores persoas, que fixemos “a boa acción do día”. Algo que podemos contar orgullosos.

De maneira innata sempre que alguén fai algo por nós, xurde un sentimento como unha especie de “débeda”. Algo que intentaremos pagar mediante a gratitude. Incluso se provén dun colectivo, sempre intentaremos devolver o que outras persoas nos deron antes.

E aínda que fagas favores desinteresados, sempre haberá xente disposta a corresponder cando o precises.

Esa gratitude é algo que a Comunidade de WordPress ten moi presente. Intentar devolver aquilo que recibiches de outros membros, do seu traballo, da súa amizade.

Por iso, convencer a un gran profesional de WordPress para que compartise o seu tempo e sabedoría con xente que non sabe nada de webs sen cobrar por iso, pode supoñer algo inconcibible en outros ámbitos, pero… así somos!

Axudar, colaborar, sáenos como algo natural, sen pensalo moito. E pode que a veces nos preguntemos se estamos a dar máis do que recibimos, pero entón, chéganos un regalo inesperado.

Unha cooperación, unha solución, ou simplemente, un consello. Unha axuda para seguir adiante. Algo que nos recorda o poderoso e incrible que é axudar a outros. E que do mesmo modo que nos gusta dar, a outros pásalles o mesmo cara nós.

Do_action hackaton

Na Comunidade de WordPress estamos acostumbrados a axudar na organización de eventos. A axudar nos diferentes grupos que se dedican a mellorar as prestacións desta marabillosa ferramenta. A axudar formando a outros e compartindo coñecementos.

E por se iso fora pouco, aínda quixemos ir un paso máis alá! Axudar a xente de fóra da Comunidade. Devolver a asociacións benéficas o ben que fan pola nosa sociedade, e agradecerlles o seu esforzo por intentar mellorar o mundo no que vivimos.

E que sabemos facer? Webs!

Por iso, os Do_action hackatons son unha ferramenta perfecta para que a Comunidade de WordPress e todos aqueles que o desexen, compartan os seus coñecementos para aportar un gran de area ó desenvolvemento destes proxectos. Dar unha maior presenza e visibilidade a estas asociacións en internet para que poidan chegar a un público máis amplo.

Pero como comenzou a idea de facer un Do_action hackaton? Podes descubrilo nesta anterior publicación do blog. E conocer ós impulsores desta idea no noso directo.

A quen imos axudar?

A verdade é que nos gustaría axudar a numerosos proxectos que se están a levar a cabo na nosa zona. Pero tivemos que decantarnos só por dous nesta ocasión. Cousa que non quita, que nun futuro, celebremos novos Do_action para axudar a máis asociacións.

Sen embargo, había que elexir dous proxectos, e os afortunados foron A Rente do Chan e Villa Caótica.

A Rente do Chan é unha organización ambientalista-ecoloxista que traballa na defensa do territorio. O colectivo naceu como consecuencia da situación de emerxencia ambiental sufrida en Ponte Caldelas no ano 2017, co obxectivo de facer público o resultado do traballo realizado pola recuperación dos montes incendiados. E para animar á sociedade a actuar inmediatamente despois dun lume, e así evitar a erosión do chan. Problema moi presente este ano de seca e numerosos incendios.

Dende entón, seguen loitando pola defensa do Medio no que habitan. Coa esperanza de facer comprender o seu traballo desinteresado polo ben común e da Natura. E en sumar apoios a través de compartir coñecementos.

Villa Caótica é unha asociación que aposta polo rescate animal e a educación natural como elementos chave para lograr unha sociedade máis sostible e sa. Axudan a animais en perigo, e con eles tamén a persoas que o precisen mediante o apoio mutuo. Cren que outra sociedade é precisa, e queren aportar o seu gran de area apostando por un estilo de vida máis pausado, menos consumista, e máis achegado á natureza e o contacto con outras especies animais.

Agora que temos claro qué é o que nos move. Falemos de cómo imos a realizar o WordPress en Acción: Taller de inciación a WordPress e Do_action hackaton.

Pásate por aquí para ver máis información sobre o evento, e rexistrarte para participar.

Non esquezas que todo nesta vida é unha ida e volta. Quizáis hoxe non obteñas “nada” polo que das, pero mañá recibirás a túa recompensa.

WordCamp Pontevedra 2022 is over. Check out the next edition!