dinahosting

En dinahosting levamos en esto desde 2001, sendo diferentes, ilusionándonos con cada proxecto que temos entre máns e aprendendo como o primeiro día. As nosas gañas de facer comunidade no levaron a apoiar varios grupos e meetups locais de WordPress así como a patrocinar varias das WordCamps máis importantes do estado. Tamén introducimos cambios na parte técnica: a evolución no hardware, os mellores sistemas de caché, a securización do noso autoinstalable, e o apoio a WordPress como plataforma de ecommerce… e un largo etcétera o que sumaremos todas as túas aportacións.

Todos os nosos servidores traballan baixo distribucións propias nas que cuidamos cada detalle para optimizar o rendimento, asegurando unha plataforma polivalente que posibilite o uso de diferentes tecnoloxías. A fiabilidade dos nosos partners de hardware e rede unense a capa de innovación que aportamos mediante desenvolvementos propios: CMS autoinstalados, Panel de Control propio, email cun entorno groupware gratuito, etc. son as nosas aportacións para axudarte a superar os retos que teñas en cada momento.

Non te olvides de que tamén somos rexistradores de primeiro nivel para casi tódolos dominios do mercado.

Quédache algunha dúbida? Sempre nos terás a un só chat ou chamada de distancia as 24 horas do día, os 7 días da semana. Sen contestadores, sen formalismos, sen esperas… Cóntanos o teu proxecto e faremos tódolo posible por votarche unha man.

Se queres seguirnos en Instagram, Facebook, Twitter ou LinkedIn tamén estaremos encantados de axudarche por alí.

Estamos moi orgullosos de ser patrocinadores da WordCamp Pontevedra e apoiar a comunidade local!


WordCamp Pontevedra 2022 is over. Check out the next edition!