Equipo de voluntariado de
WordCamp Pontevedra 2022
Unha WordCamp fana os asistentes. Unha WordCamp non é posible sen os patrocinadores e o apoio da Fundación WordPress. Unha WordCamp no sairía adiante sen os organizadores. Pero esta WordCamp en particular non podría levarse a cabo sen este equipo de voluntariado no que cada persoa aporta o seu tempo e o seu esforzo para a comunidade.
Se queres saludalos durante o evento ou saber algo máis sobre eles, aquí os tes:

Ángel Moreno
Vivo en Granada, España, con algúns gatos e un par de galiñas.
Para gañar diñeiro e divertirme fundei Si2 Solucións, onde traballo como CTO e xefe de proxectos. O resto do tempo camiño pola montaña, practico Taichi e Kung Fu.

Bárbara Román
Son avogada especializada en dereito tecnolóxico e licenzas de software libre.
Xefaza en Nolegaltech, consultora legal para empresas tech e startups. Desfrutando da vida desde 1981.

Batseba Burgos
Fotógrafa e delineante.
Encántame aprender e compartir os meus pratos favoritos.
Son unha rata de bibliotecas e atrévome con WordPress.

Berta Minguela
Actualmente traballo como soporte informático na administración pública, tamén traballei realizando outras funcións no sector informático.
Ademáis realicei os meus piniños con webs e WordPress.
E colaboro co equipo de marketing de WordPress España.

Breixo Mariño
Coordinador de Proxectos web moi interesado en Marketing e Estratexia para negocios.
No grupo de amigos son o que monta as gynkanas ou búsquedas do tesouro cando vamos de casa rural.
De vez en cando creo algún side-project como pidopapas.com
Devoro podcasts de marketing, copywriting e SEO local mentras cuido da miña pequena horta.
Voluntario con ganas de axudar e coñecer os cracks que tanto aportan a esta comunidade.

Carla Patricia Rivas
Di
eseñadora web e apaixoada do marketing. Encántame crear, escribir, ler e descubrir novos conceptos.
Colaboradora no equipo de marketing de WordPress España.

Carla Saiz
Deseñadora web e profesora de desenvolvemento web. Amante dos gatos e da vida.
Sobrevivir a un cancro de peito faiche comezar a percibir cada día doutra maneira; verte como un extraterrestre, faite cultivar o teu amor propio de maneira incondicional.
Encantada de formar parte e axudar a xente a que den vida os seus proxectos dixitais a través de WordPress, podes encontrarme en carlasaiz.com

Carlos Herrera
Con máis de 10 anos de experiencia é amante das novas tecnoloxías, e analiza as novas tendencias da programación web, especializándose estes últimos anos en WordPress e Laravel.
Coa experiencia en marketing dixital e e-learning, desenvolveu webs, solucións multimedia e aplicacións para distintos sectores, ademáis de colaborar en distintos proxectos como NOMADStartup. …

David López Pazos
Son David López, son formador e consultor TIC, encántanme os eventos colaborativos como a WordCamp por iso estou aquí, tamén formo parte da asociación Pontebrújula.
Estou encantado de participar e aportar o meu graniño de area para que a WordCamp Pontevedra sexa cada vez mellor. Se queres saber máis de min a nivel laboral: www.entrenadortecnologico.com

Elena Álvarez Dosil
Son usuaria de WordPress desde o 2008, e levo os últimos 4 anos traballando para empresas de hosting de WordPress.
Nos meus ratos libres, gústame ler, escoitar audiolibros, tocar o ukelele e pasar tempo cos meus páxaros. Desde fai 7 anos, escribo e dirixo un blog de críticas de audiolibros.

Eneko Garrido
Como descrición diría que non sei cómo describirme, pero se hai algo que me gusta son os trens, WordPress e pasarme o día en Twitter

Fátima Rincón
A miña primeira WordCamp oficialmente como voluntaria despois de moitos anos colaborando nas sombras. O meu é a producción audiovisual, pero apúntome a cualquer sarao.

Gorza Ruiz
Interino da vida, inexperto en case todo, cotilla por traballo, bo escoitador de historias. Cosquéame o cerebro cando aprendo cousas novas.
Aparecín en WordPress por casualidade e mantéñome na comunidade por paixón.

Gustavo Galati
Considérome un Profesional Informático con máis de 30 anos de experiencia en distintas tecnoloxías de Hardware e Software.
O recorrido pola vida e o traballo leváronme a vivir e desenvolverme en países como Argentina, USA, Italia, España, Reino Unido e China.
Actualmente traballo como Desenvolvedor Freelance desde a cidade de Benidorm, Alicante, onde WordPress é a peza fundamental para o desenvolvemento das tarefas na maioría dos meus proxectos e clientes.
Dentro da comunidade WordPress encóntrome participando desde o ano 2017 e cada vez involucrándome un poco máis, visitando Meetups presenciais, WordCamps, habendo sido aceptado como voluntario en WCEU Oporto e actualmente organizando a Meetup local WordPress Benidorm.

Helen Moreno
Responsable de Voluntarios en WordCamp Torrelodones 2023.
Coordinadora de Marketing Digital no Grupo SM. Traballo para mellorar o posicionamento e a identidade dixital de SM España. Especialista en marketing de contidos.
Escritora de contos para nenos. A veces xogo o fútbol e moitas outras, o pádel

Iria Padrón
Encántame o deseño, a ilustración e asistir a WordCamps.

Joel Gómez
Ola! O meu nome é Xoel. Considérome unha persoa extrovertida, aberta a falar con calquer persoa e a aprender dela. Gústame a creación de contidos iterativos e todo o relacionado co mundo multimedia.
Sempre estou aberto a descubrir novas oportunidades e compañeiros. Encantado!

Jose Ramón Bernabeu
Desenvolvedor e asesor de estratexia na internet para negocios locais. Especialista en presenza en liña, soporte web e venda na internet.
En 1986 programei as miñas primeiras aplicacións e en 1996 creei as miñas primeiras páxinas Web.
Desde entón a informática e Internet forman parte do meu día a día. Se vai entre { }, leva ( ) e acaba en ; interésame.

Luis Centeno
En principio son técnico superior en telecomunicacións especialista en planta externa, actualmente traballo como operador de red e son case autodidacta no mundo de WordPress, digo case porque fixen un que outro curso online e todo o demáis aprendino trasteando.
Son pai de 3 rapazas e felizmente casado polas de 25 anos. Teño 53 anos e nacín en Venezuela e vivo en España desde o 2003.

Nilo Vélez
Desenvolvedor e técnico de soporte de profesión, bombeiro toreiro de vocación, o mesmo frítoche unha camisa que plancho un ovo. Vou a ser ese tío raro que vexas correndo por todas partes facendo fotos.

Núria Ramoneda
Desenvolvedora front-end especializada en WordPress. Gústanme os estándares, o código limpo e pensar nos usuarios de backend, tan olvidados a miudo.
Tamén dou clases de linguaxes e estándares web.

Pedro Fonseca
Axudo as empresas a gañar máis clientes usando WordPress. Son membro activo da comunidade WordPress portuguesa. Co-organizador local de Meetup e WordCamp. Adicto o café.

Toze Vasconcelos
O meu nome é Toze e veño de Oporto, Portugal.
A miña experiencia profesional provén do deseño e a construcción de casas intelixentes, e un día decidín actualizar o sitio web da nosa empresa e encontrei WordPress… e desde entón, en 2015, namoreime de WP…
Despois de coñecer a José Luis en Oporto durante WCEU2022, decidín probar o «lado» voluntario da organización dunha WordCamp e axudar en WC Pontevedra 2022.
Formei parte do Local Team de WordCamp Europa 2022 e me volvín adicto a este extraordinario entorno de comunidades de WordPress.

Viviana Otero
Deseñadora Web – Consultora SEO feelance.
Tester profesional. Desenvolvín o meu primeiro blog en WordPress en 2005 e namoreime. Desde entón, aprendo sobre Marketing Dixital e acompaño a emprendedores e empresas a levar os seus proxectos e a potenciar as súas marcas en Internet.