WordPress en Acción: taller de Iniciación e Do_action

Dende a Comunidade de WordPress Pontevedra, queremos pasar da teoría á práctica. Organizar un evento no que xuntar a principiantes, afeccionados e profesionais de WordPress colaborando por unha boa causa.

Para iso, creamos WordPress en Acción, un evento en base a dous obxectivos:

  • Ensinar a persoas sen coñecementos a crear páxinas webs con WordPress. Ou incluso mellorar como profesional, si xa te adicas a iso.
  • Regalar a distintas asociacións sen ánimo de lucro unha páxina web coa que mellorar a súa visibilidade e presenza dixital. E así, axudar a que os seus proxectos teñan un maior alcance.

Constará de dúas actividades principais nas que poderás participar en ambas, ou na que prefiras:

  1. Taller teórico/práctico de iniciación a WordPress.
  2. Do_action (Traballo colaborativo).

Celebrarase o venres 23 de setembro do 2022 na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación no Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.

OLLO: Tanto o Taller de Iniciación como o Do_action son gratuítos e independentes da celebración da WordCamp ó día seguinte. Para participar na WordCamp necesitas mercar a túa entrada.

Taller teórico/práctico de iniciación a WordPress

Aínda que está dentro do programa da PonteWordCamp, podes participar no taller sen necesidade de ser asistente da WordCamp

Pensado para calquera que lle interese descubrir cómo vai iso de crear webs. Que sempre quixera ter unha web pero que lle dea perguiza, ou que lle pareza demasiado complicado para facelo pola súa conta.

Da man dun grande profesional, adentraraste no mundo de WordPress e descubrirás o sinxelo e rápido que é crear unha web con esta ferramenta.

Ademais dos coñecementos, levaraste:

  • Unha nova instalación de WordPress, propia e gratis, e todos os detalles de inicio de sesión precisos para que poidas comezar a traballar. Cun aloxamento gratis durante 3 meses, para poder poñer en práctica ou experimentar co aprendido.
  • Un certificado de asistencia que demostre que tes un bo dominio dos conceptos básicos.

Se estás interesado en participar no Taller de Iniciación, marca esta opción no formulario de inscrición. RECORDA que está dirixido a principiantes sen coñecementos ou coñecementos básicos.

Do_action.

Como xa contamos no blog, a fundación WordPress ten unha tipoloxía de evento chamada: Do_action.

Do_action, simplemente é a forma que ten a Comunidade de WordPress de nomear a un evento no que nos reunimos para planificar e crear o sitio web dunhas organizacións sen ánimo de lucro de ámbito local.

Poderán participar tanto os participantes do taller de iniciación, como calquera que desexe axudar sen necesidade de ser asistente da WordCamp.

Crearemos uns grupos de traballo en base ós roles dos participantes para cubrir todas as tarefas precisas á hora de crear unha web. Seguindo as indicacións do Director de Proxecto, deseñarase e montarase unha web a medida de acordo ás necesidades e características de cada Asociación.

Se estás interesado en participar no Do_action, marca esta opción no formulario de inscrición. RECORDA que está dirixido a usuarios con coñecementos medios ou avanzados e a profesionais. Aínda que se participaches no Taller de Iniciación poderás participar para ver o aprendido aplicado nunha experiencia real de uso.

Que inclúe a inscrición?

A inscrición é totalmente gratuíta e inclúe:

  • Poder participar na actividade ou actividades nas que te inscribas.
  • Café a media mañá (participantes do Taller de Iniciación).
  • Un xantar na cafetería da Universidade, gracias a patrocinadores.
  • Período de aloxamento gratuíto nalgunha das empresas de hosting patrocinadoras do evento. (Participantes do Taller de Iniciación).
  • Certificado de participación firmado polo relator e o grupo de WordPress de Pontevedra, (participantes do Taller de Iniciación).
  • Participar na Meetup da PontUp Store onde se presentarán as webs que se crearon durante o Do_action.

Que precisas para participar?

  • Gaña de aprender, colaborar e un portátil. Darémosche WiFi para poder traballar, pero non disporemos de equipos informáticos.
  • Deberás contar cunha conta de correo e poder acceder a ela. Recomendamos acceso a una conta de Google para poder compartir recursos gráficos para a web a través de Drive.
  • Responsabilidade. Son prazas limitadas. Así que, buscamos o máximo nivel de compromiso. Por iso, contactaremos previamente contigo para coñecerte mellor, e darche máis información sobre o evento. De xeito que podamos organizar os grupos de traballo para o Do_action.

Programa proposto.

  • < 09:00 – 11:00 > Taller WordPress dende cero.
  • < 11:00 – 11:30 > Descanso para café.
  • < 11:30 – 13:30 > Preguntas e respostas do taller de iniciación. Comenzo do Do_action.
  • < 13:30 – 15:00 > Xantar.
  • < 15:00 – 17:00 > Continuación do Do_action.
  • < 17:30 – 18:30 > Meetup especial da Pont-Up Store.

Será unha experiencia incrible que non ten precedentes con outros Do_action! Así que, formarás parte da historia do grupo de WordPress Pontevedra. E aprenderás da mellor maneira, practicando cunha web real axudando cunha BOA CAUSA.

Se tes algunha dúbida, consúltanos o que queiras en contacto.

Patrocinadores do obradoiro e o do_action

As organizacións beneficiarias

Inscrición

En que actividade queres participar?

Estás de acordo en seguir o Código de conduta do evento?(obligatorio)

Consultar o Código de Conduta.

Formas parte do grupo de estudantes de Rural Hackers Academy?


WordCamp Pontevedra 2022 is over. Check out the next edition!