Os bloques son a materia invisíbel dunha web: estruturan os contidos e ofrecen oportunidades para mellorar o seu rendemento. Como as aproveitar? Nesta palestra presentarei os mecanismos dispoñíbeis para facelo.
Falaremos de métricas como as Core Web Vital e compararemos os temas de bloques e clásicos co obxectivo de enterdermos as súas características e en que escenarios son máis rápidos uns ou outros.