Entradas

Estás preparado ou preparada para asistir a unha das mellores WordCamps do mundo mundial? 😉 Festa, WordPress e moito networking.

O noso encontro de WordPress anual de toda Galicia na nosa querida Pontevedra. Facémolo con moito cariño e ese é todo o secreto do éxito do noso evento. ❤️

Coa túa entrada estás apoiando o open source. Como ves, ten unha contía moi reducida, grazas ós nosos patrocinadores, que nos apoian económica e moralmente, para que isto sexa posible.

Que inclúe a miña entrada?

A entrada da acceso a todas as actividades os días 16 e 17 de Setembro: por un lado, ás conferencias do sábado (haberá dous tracks con charlas de todos os niveis, que detallaremos no programa) e, por outro, o Día da Comunidade o Contributor day, o domingo.

Están incluidas as comidas durante o evento, tanto o sábado como o domingo. Así como o café / té / auga durante as pausas do evento, que se realizarán pola mañá e pola tarde.

Tamén permitirache acudir á after party (ou festa rachada) do sábado pola noite, onde poderás tomar algo de forma distendida con outros asistentes ó evento.

Ademais, recibirás unha camiseta conmemorativa da WordCamp Pontevedra 2023 (elixes a túa talla ó mercar a entrada), unha acreditación personalizada… e algunha sorpresa máis!

A inscripción ó taller de WordPress que se celebra o día 15, é diferente á entrada xeral. Esa actividade é GRATIS e podes inscribirte na seguinte ligazón: Taller de WordPress e do_action.

Importante: antes de mercar

  • Es estudiante ou profesor da Universidade de Vigo? Temos un desconto do 60 % para as primeiras 55 entradas de persoas desta comunidade que o acrediten, quedando o prezo da entrada en 10 €Contacta con nós para que xeremos o teu cupón personalizado. Só tes que enviarnos os teus datos e unha acreditación de que formas parte da comunidade universitaria.
  • Queres optar a ser relator, voluntario ou patrocinador? Non merques aínda a túa entrada. Se resultas seleccionado, a asistencia será de balde para ti.
  • Utilizamos o sistema Gravatar para mostrar a foto ou avatar dos asistentes na páxina de asistentes. Se queres que a túa foto apareza no listado e na túa acreditación personalizada, abonda con crear unha conta e asignarlle o teu avatar ou foto ó correo electrónico que utilizarás para adquirir a túa entrada.
  • AUTORIZACIÓN: Polo ben da comunidade e con fins de promoción, haberá voluntarios e/ou fotógrafos profesionais na WordCamp Pontevedra 2023. Ó acudir o evento autorizas a utilización da túa imaxe se apareces en fotos ou vídeos que se poidan tomar que mostren a túa participación na WordCamp.
Lo sentimos, pero ahora mismo no hay entradas a la venta. Por favor, inténtalo de nuevo más tarde.

Patrocinadores

Co apoio de

Universidad de Vigo
Baúl oro

OURO

Baúl plata

PLATA

Baúl bronce

BRONCE

Cunca

EN ESPECIE

Metricool
Estrella Galicia
Desafío digital
Stickermule
Mumbler
Plato pulpo

PULPEIRO

Ludoteca

LUDOTECA

WordCamp Pontevedra 2023 is over. Check out the next edition!