Servizo de Ludoteca

Cando se está a pensar en asistir a un evento, organizar o coidado dos cativos é un dos factores máis importantes para os que temos familia, sobre todo cando o evento se celebra noutra cidade.

Cando temos peques, saír da casa e tomarnos un par de días para asistir a un evento, non é unha decisión doada de tomar. Así e todo, sabemos que asistir a conferencias e eventos é unha parte fundamental para o noso desenvolvemento profesional e persoal, ademais de ser unha gran forma de coñecer xente e novos lugares.

Por iso, queremos poñérvolo doado para vir á WordCamp Pontevedra 2023, e grazas ó patrocinio de X, podemos ofrecervos un servizo de ludoteca para que os vosos fillos e fillas poidan estar atendidos e entretidos mentres vós gozades das charlas e o networking sen preocupacións.

Pontevedra é a cidade perfecta para visitar con cativos

A nosa é unha cidade na que a rúa é o centro da vida social. Pódese ir andando a todas partes, xa que todo queda preto, e o centro está peonalizado para que os nenos e nenas se divirtan a tope nas súas prazas, xardíns e parques infantís.

Así que, os que non coñezades Pontevedra, non dubidedes en traer a toda a familia, porque todos desfrutarán este fin de semana. Se queredes saber máis, esta guía do Concello de Pontevedra davos moita información para visitar Pontevedra en familia.

En que consiste o servizo de Ludoteca?

O horario da ludoteca será o sábado de 9 da mañá a 13:30, e de 15:00 a 18:30. O lugar será o mesmo edificio onde se celebra a WordCamp e os pais poderán achegarse a velos cando queiran.

Teremos un servizo de monitores profesionais (grazas á empresa Aindamáis) que prepararán xogos educativos e de animación para manter ós teus peques entretidos e seguros, mentres desfrutas das charlas.

Os nenos poden levar o seu almorzo ou merenda, e los monitores encargaránse de darllos a media mañá ou tarde, pero o xantar, realizarano cos seus pais na zona de restauración asignada.

Teremos un máximo de 15 nenos e nenas que poderán desfrutar do servizo de ludoteca, de idades entre os 3 e 12 anos. Así que, pedímosche encarecidamente que cubras este formulario para facer a túa reserva. Non poderemos admitir a ninguén no momento sen reserva previa.

Para calquera dúbida, tesnos no correo electrónico pontevedra@wordcamp.org ou na páxina de contacto.

Patrocinadores

Co apoio de

Universidad de Vigo
Baúl oro

OURO

Baúl plata

PLATA

Baúl bronce

BRONCE

Cunca

EN ESPECIE

Metricool
Estrella Galicia
Desafío digital
Stickermule
Mumbler
Plato pulpo

PULPEIRO

Ludoteca

LUDOTECA

WordCamp Pontevedra 2023 is over. Check out the next edition!