A idea que teño é contar a miña experiencia arredor da comunidade WordPress.
Como despois duns meses de 2019 sen apenas poder saír da casa, animeime a ir ao WordCamp Bilbao, sen coñecer a ninguén, nin sequera a onde ía. Simplemente porque o vira no panel da miña páxina web.
Fala sobre como coñecín a comunidade, as persoas marabillosas que a compoñen e o gratificante que é sentirse parte dela.