Pontevedra é unha cidade peatonalizada. Chegar dende o centro da cidade ata a Universidade onde se celebra a WordCamp é un paseo de 10 minutos camiñando. Só tes que cruzar o río. No mapa:
Hoteis, hostais, albergues
Pontevedra ten unha oferta de aloxamento variada e adaptada a todos os prezos.
Dende albergues e hostais, frecuentados por peregrinos que seguen o Camiño de Santiago, a hoteis céntricos, ou incluso o parador da cidade. Polo que podes elixir o que mellor se adapte os teus gustos, necesidades ou presuposto.
Por iso, podes buscar aloxamento en calquera zona, ou no casco vello, e desprazarte comodamente a pe ata o lugar no que se celebran as actividades.
Mentres paseas polas súas rúas desfrutando de todo o que ten que ofrecer a capital das Rías Baixas.
📍 Aquí vos deixamos un mapa no que visualizar hoteis e distancias, ou a súa localización.
Onde caben 2 caben…
Se ves en familia ou coñeces a más participantes da WordCamp cos que queiras compartir gastos e espazo.
A opción de hotel igual non é a máis idónea. Polo que podedes probar cos pisos e demais aloxamentos ofertados a través de plataformas como Airbnb.
E se tes dúbidas, podes contactar co equipo. Estaremos encantados de axudarte.