Crear contido se non somos capaces despois de distribuílo e facelo chegar á xente é como falar nunha sala onde non hai ninguén.
Nesta charla explicarei a estratexia que seguín para repartir cada semana os 50 IN1MINUTE (pídolas de 280 palabras con consellos para escribir mellor) que publiquei dende marzo do ano pasado.
Falarei de como o fixen a través do correo electrónico; de artigos no meu blog; do boletín de LinkedIn; dos fíos de Twitter; de publicacións en Facebook; de vídeos en TikTok e YouTube; de podcasts… En definitiva, máis de 15 plataformas nas que distribuín o contido, sempre a partir de 280 palabras, que son as que se tarda en ler nun minuto.
O bo de internet é que todo se pode medir. Na segunda parte da charla explicarei con datos, sen ocultar nada, cal foi o alcance das publicacións que fixen en todas estas plataformas no último ano. Pero sen aburrirte con cifras.
Destacarei as plataformas que mellor funcionaron e as que peor funcionaron e se ao final conseguín os obxectivos que me propuxera.