Nesta charla veremos diferentes propostas de deseño para mellorar a aparencia dos teus contidos, dende entradas do blog, arquivos, seccións da páxina de inicio ou mesmo a microcopia de ventás emerxentes.
Descubrirás consellos para mellorar visualmente cada un destes elementos.
Poderás diferenciarte e mellorar o deseño dos teus contidos a través de recursos visuais moi actuais.