Lémbraste?

De pequeno querías ser médico, enfermeira, periodista, policía… En xeral, todos soñabamos con que, no noso traballo do futuro, íamos a axudar aos demáis e, non en poucas ocasións, este traballo era un traballo en equipo.

Foches medrando e, cos teus compañeiros e compañeiras, ías facendo medrar ese soño da infancia. Lembras cando quedabas para estudiar ou para que che explicasen aquel exercicio que non lograbas entender? Seguro que tamén te lembras do día no que, gracias á túa axuda, alguén conseguía aprobar o exame. Como te sentías? Ese aprobado non era teu, pero o triunfo sentíchelo como propio, a que si?

Xuntos, máis fortes

Os retos non parecen tan grandes cando se asumen en equipo. Sabes que ante un problema o teu equipo vai estar ahí para axudar a solucionalo e, igualmente, que o teu equipo confía en ti para que o proxecto sexa un éxito.

WordPress é un gran proxecto que medra gracias aos pequenos aportes de centos de persoas arredor do mundo que, coma ti, saben que cun traballo en equipo conséguense mellores resultados ao longo do tempo.

Contributor day en PonteWordCamp

O vindeiro día 25 de setembro celebramos, no ámbito da PonteWordCamp, un Contributor Day.

A xente que disfrutamos colaborando có proxecto de WordPress, reunímonos en persoa para reforza-lo sentimento de sermos parte deste gran equipo e para amosarte cómo tí tamén podes participar nesta extraordinaria comunidade.

Neste día se conforman mesas de traballo temáticas lideradas por personalidades amplamente recoñecidas pola súa aportación nos distintos equipos que fan posible que WordPress sexa unha ferramenta líder no desenvolvemento web.

Mellora o deseño, a accesibilidade, a seguridade de WordPress; traduce ese plugin ou tema que tanto che gusta pero non está dispoñible no teu idioma; axuda a outros usuarios a resolver as súas dúbidas nos foros de soporte da comunidade de WordPress; lidera a formación do grupo de WordPress da túa localidade; apoia, na mesa de TV, que as presentacións estean dispoñibles para todo o mundo en tempo récord

Unha oportunidade para seguir medrando

A túa asistencia a este Contributor day supón unha grande aportación para a comunidade, indempendentemente do teu perfil, xa que incluso a pedra máis pequena é o apoio necesario para soster á máis grande.

Despois da WordCamp de Pontevedra, non deixes de asistir ao Contibutor day o domingo 25 de setembro, e sumérxete na comunidade de WordPress.


Una respuesta a “Lémbraste?”

WordCamp Pontevedra 2022 is over. Check out the next edition!