1. Propósito
WordCamp Pontevedra considera esencial, que a nosa comunidade debería estar realmente aberta a todo o mundo. Como tal, estamos comprometidos a proporcionar un ambiente amigable, seguro e acolledor para todos independentemente do seu xénero, orientación sexual, discapacidade, etnia, relixión, sistema operativo preferido, linguaxe de programación ou editor de texto.
Este código de conduta resume as nosas expectativas para o comportamento dos participantes, así como as consecuencias para o comportamento inaceptable.
Instamos a todos os patrocinadores, voluntarios, relatores, asistentes e outros participantes a que nos axuden a facer realidade unha experiencia de evento segura e positiva para todos e todas.
2. Cidadanía Open Source
Un obxectivo adicional deste código de conduta é incrementar a cidadanía de código aberto alentando aos participantes para recoñecer e fortalecer as relacións entre o que facemos e a comunidade en xeral.
No servizo deste obxectivo, os organizadores da WordCamp Pontevedra recollerán candidaturas de cidadáns exemplares durante o evento e daranlle recoñecemento no sitio web despois da conferencia.
Se ves a alguén que está a facer un esforzo extra para asegurar que a nosa comunidade resulte acolledora e amigable e que anima a todos os participantes a contribuír na maior medida posible querémolo saber. Podes nomear a alguén na mesa de rexistro ou dicíndollo ao equipo organizador.
3. Comportamento esperado
- Se unha persoa considerada, respectuosa e colaborativa.
- Abstente de comportamentos e discursos degradantes, discriminatorios ou de acoso.
- Se consciente da contorna e dos teus compañeiros participantes. Alerta aos organizadores da conferencia se observas unha situación perigosa ou a alguén en apertos.
- Participa dunha maneira auténtica e activa. Deste xeito, estás a axudar a crear a WordCamp Pontevedra e a facela propia.
4. Comportamento inaceptable
Como comportamentos inaceptables inclúense: unha conduta intimidatoria, acosadora, abusiva, discriminatoria, despectiva ou degradante por parte de calquera asistente da WordCamp Pontevedra e eventos relacionados. Todos os lugares da WordCamp Pontevedra poden ser compartidos con outros membros da sociedade; por favor, se respectuoso con todos os usuarios destes sitios.
O acoso inclúe: comentarios verbais ofensivos relacionados co xénero, a orientación sexual, a raza, a relixión, a discapacidade; uso inadecuado de nudez e/ou imaxes sexuais en espazos públicos (incluíndo diapositivas da presentación); intimidación deliberada, espreita ou seguimento; acoso con fotografía ou gravación; interrupción sostida de charlas e outros eventos; contacto físico inapropiado e atención sexual non desexada.
5. Consecuencias dun comportamento inaceptable
O comportamento inaceptable non será tolerado, xa sexa por parte doutros asistentes, organizadores, persoal do local, patrocinadores ou outros usuarios dos locais da WordCamp Pontevedra.
Espérase que calquera cumpra inmediatamente no caso de que se lle pida que cese un comportamento inaceptable.
Se un participante involúcrase nun comportamento inaceptable, os organizadores da conferencia poden tomar calquera acción que consideren apropiada, ata e mesmo a expulsión da conferencia sen aviso previo/previo aviso ou reembolso.
6. Que facer se es testemuña ou obxecto dun comportamento inaceptable?
Se es obxecto dun comportamento inaceptable, es testemuña de que outra persoa está a ser obxecto de comportamento inaceptable ou tes outras preocupacións, por favor notificalo a un organizador da conferencia tan pronto como sexa posible.
O equipo de WordCamp Pontevedra estará dispoñible para axudar aos participantes para contactar coa seguridade do local ou as forzas locais de seguridade para ofrecer acompañamento ou axudar a aqueles que sufran un comportamento inaceptable para que sentan seguros mentres dure a conferencia.
As persoas voluntarias vestirán cunha cor ou peza diferente. Calquera voluntario /a pode poñerte en contacto cun organizador da conferencia. Tamén podes achegarche á mesa especial de inscrición na planta baixa e preguntar polos organizadores.
7. Ámbito de aplicación
Esperamos que todos os participantes da conferencia (patrocinadores, voluntarios, relatores, asistentes e outros invitados) cumpran con este código de conduta en todas as salas de conferencia e eventos sociais relacionados coa conferencia.
8. Información de contacto
Se te ves na necesidade de contactar connosco, na páxina de contacto tes un formulario para facelo.
9. Licenza e atribución
Este Código de Conduta é unha copia directa do impresionante traballo da Open Source Bridge, pero substituíndo a información coa do noso evento.
O orixinal, publicado en http://opensourcebridge.org/about/code-of-conduct/, xa non está dispoñible, pero pode verse nesta imaxen de arquivo, e foi liberado baixo unha licenza de Creative Commons Attribution-ShareAlike.