Equipo de organizadores de
WordCamp Pontevedra 2022


Unha WordCamp fana os asistentes. Unha WordCamp non é posible sen os patrocinadores e o apoio da Fundación WordPress. Unha WordCamp non sairía adiante sen os voluntarios. Pero esta WordCamp en particular non podería levarse a cabo sen este equipo de organizadores no que cada persoa achega o seu tempo e o seu esforzo para a comunidade.

Se queres saudalos durante o evento ou saber algo máis sobre eles, aquí os tes:

Ana Gavilán

Ana Gavilán


Todo empezou co meu primeiro ordenador (aló no 1994) e dende entón as páxinas webs, o marketing e a experiencia ó cliente deixou pegada.

A través da formación e experiencia continúa fixeron a profesional que son. O mellor? Aínda queda moito por experimentar, aprender…

Carlos A. Sobrino


Arranxo cousas. Ás veces ata as fago dende cero. Desfruto facendo: facendo webs, facendo experimentos, facendo bonsais, facendo chistes malos, incluso os meus propios mobles.

Gústame comprender como funcionan as cousas e por iso WordPress e o software libre forman parte do meu día a día. Cada día redescubro todo o que me queda por entender e por iso considero que soyunignorante.

David Viña


Desenvolvedor web especializado en WordPress.

Vaime o de facer bloques a medida para o editor nativo de WordPress, temas a medida e todo o que sexa “inventar movidas”.

WordCamp Pontevedra 2019 cambiou a miña vida profesional 🤙

Fernando Portomeñe

Fernando Portomeñe


Galeguiño na sua terra. Dende moi pequeniño a miña familia fixo que a informática sexa unha parte moi importante da miña vida, xa que desde os anos 90 tiña unha academia de informática, que aínda hoxe en día segue en funcionamento dentro da nosa SL.

Son socio na empresa desafío digital, fundada en 2005 e adicada o desenvolvemento web, principalmente con WordPress, e onde asesoramos ós nosos clientes en todo o relacionado con este mundo.

Amplios coñecementos en estratexias empresariais. Actualmente vivo en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), sede da nosa empresa.

Jorge González


Fuchicador profesional, noutra vida fun químico, agora traballo con axencias e empresas en proxectos relacionados con internet.

Levo facendo webs desde 1998, en 2002 fixen unapersona.com, en 2004 din o paso ao desenvolvemento e xa non houbo volta atrás. Utilizando WordPress felizmente desde 2008, namorado do software libre, os estándares e o código limpo.

Jose Luis Losada


Axudo no equipo de soporte de WordPress.org. Viaxo por toda España de WordCamp en WordCamp votando unha man en todo o que podo.

Dinamizo todos os grupos locais de Galicia para que esta comunidade sexa máis grande e forte. Coa pandemia tiven que reinventarme e acabei como organizador na WordCamp España 2020, na de Venezuela del 2021, Galicia 2021, e en Pontevedra en todas as súas edicións.

Juan Hernando

Juan Hernando


Chámome Juan e son un programador web especializado en WordPress. Frontender, amante do deseño web, os estándares e a web aberta. Dende o meu primeiro sitio en 1998 sigo aprendendo e axudando a pequenas, medianas e grandes empresas a atopar o seu lugar na rede.

Formo parte do equipo da comunidade de WordPress.org e axudo a outras persoas que queiran facer crecer o proxecto.

Julio de la Iglesia

Julio De la Iglesia


Dende que en 1983 caeu nas miñas mans un ordenador con 1Kb de memoria á miña vida está totalmente ligada á informática e o vídeo (o negocio familiar). Actualmente son socio fundador de desafío digital, que dende 2005 céntrase no desenvolvemento web (fundamentalmente con WordPress) e o vídeo dixital (corporativos e streamings físicos e virtuales).

Son un entusiasta da comunidade WordPress coa que me sinto moi comprometido: coorganizo a WordPress meetup de Valladolid, a WordCamp Pontevedra, a WordCamp Valladolid e tamén fun responsable do streaming da WordCamp España online 2020, ademais de relator e colaborador en moitas outras.

María Sáez Fernández


Son consultora SEO freelance e traballo con clientes propios e axencias.

Encántame formar parte da comunidade WP, e tamén colaboro con outros grupos enfocados a visibilizar o papel da muller na tecnoloxía.

Mónica Saavedra


Son programadora web freelance e encántame WordPress. Axudo os emprendedores ou autónomos a crear a súa marca persoal, como? analizando as súas necesidades e axudándoos a proxectarse de forma online.

Primeiro: ANALIZAR. Despois: ESTRATEXIA. Por último: DESENVOLVER. Emprego o que sei de deseño web WordPress para asesorarte paso a paso para crear o teu negocio online.

Paula Rivera

Paula Rivera


Arquitecta de formación e emprendedora en clave dixital por elección. Emprendedora dixital en serie, consultora, formadora e coach.

O meu campamento base chámase Arquiknowmadas e dende alí axudo, mediante procesos de mentoría, consultoría, formación e coaching, a arquitectos inconformistas a impulsar as súas firmas de arquitectura implementando un proceso sistematizado e previsible de captación de novos e mellores clientes.

Involucrada na comunidade WordPress de Pontevedra dende os seus inicios. Fun co-organizadora das anteriores edicións da WordCamp Pontevedra en 2018 e 2019, levando a responsabilidade da Comunicación.

Creo firmemente que estamos inmersos nunha gran Revolución, a Revolución Dixital. O século XXI será o século dos knowmad e estou decidida a axudar, a todo o que se deixe, a converterse en un.

Sabela Muniz

Sabela Muñiz


Creativa dixital, dou forma a ideas e deseños convertíndoos en imaxes, vídeos ou modelos 3D.

Na actualidade, axudo a proxectos técnicos a comunicarse cos seus clientes ou usuarios finais, creando contidos visuais máis amenos, atractivos e nunha linguaxe que calquera poida entender.

Encántame compartir coñecemento e loitar contra a fenda tecnolóxica. Mente creativa, argalleira e en constante aprendizaxe, creei sabela.eu para amosar todas esas ideas tolas.

Sonia Díaz


Son Deseñadora Gráfica e Web en WordPress.

Axudo a particulares e empresas a renovar a súa imaxe de marca e conseguir presenza en Internet. O que máis me gusta do meu traballo é ver o meu esforzo reflectido no sorriso dun cliente satisfeito.

Wajari

Wajari Velásquez


Consultor SEO cun nome raro.

Pódesme encontrar en Wajari.com. Dou clases de SEO técnico e WordPress. Colaboro na co-organización de grupos tecnolóxicos open source. Encántame a tecnoloxía, a web e a formación.

WordCamp Pontevedra 2022 is over. Check out the next edition!