Hoxe en día tódolos desenvolvedores utilizamos (ou deberíamos utilizar) un sistema de control de versións para os nosos desenvolvementos.
Nesta charla amosarei cómo fago eu para actualizar os plugins a medida nas webs dos meus clientes. Sen ter que subir un zip cada vez que fago un cambio, nin conectarme por ftp para subir o plugin.
Simplemente coa api de GitHub e un pouco de código no plugin, veremos o sinxelo que é actualizar tódalas webs dos clientes dunha soa vez.