Coa chegada da edición completa de sitio (Fulle Site Editing, FSE) na versión 5.9 de WordPress, e a recente actualización á v.6, incorporáronse múltiples e interesantes funcionalidades ao editor de bloques.
Unha delas é a posibilidade de crear modelos de partes da nosa web, íntegramente con bloques. A cabeceira, o pé de páxina, os arquivos, as entradas…
Explicarei cómo se crea un modelo para un Tipo de Dato Personalizado. Por exemplo, queremos facer un directorio cos monumentos de Pontevedra. Facemos un CPT «Monumentos», que teña unha serie de campos de datos (título, descrición, historia do monumento, imaxe destacada, onde está situado, autor, data de construción, etc.).
E para mostrar eses Monumentos, creamos un modelo a medida co FSE que adapte con bloques como queremos que quede visualmente. Bloque título, bloque contido, bloque imaxe destacada e outros bloques para mostrar os campos de datos (shortcodes ou plugins que permitan contido dinámico).
Categorías Relatorio en Galego