Desenvolvemento de temas de WordPress no 2022, que hai de novo?

Os desenvolvedores web fomos evolucionando xunto con WordPress e adaptándonos ós novos cambios. Abrazando tecnoloxías como os pre-procesadores para CSS, usando jQuery para todo, logo ES6 e agora, o rei é React.js

Entón, que supón ser un desenvolvedor de temas de WordPress en 2022? Que mudou? Que teño que saber?

Nesta charla falaremos sobre bloques, patróns de bloques, theme.json e demais características novas no desenvolvemento de temas. Tamén veremos algúns exemplos de temas ben feitos usando as novas características.

JOSÉ ARCOS

WordCamp Pontevedra 2022 ha finalizado. ¡Echa un vistazo a la siguiente edición!