Dende o comezo dos tempos, consideramos que a tecnoloxía trae progreso. Entendemos o progreso como a mellora do noso día a día, da nosa calidade de vida.
A tecnoloxía danos moitas cousas que, indubidablemente, fan a nosa vida mellor. Mais tamén é certo que, en moitos aspectos, tamén a fai peor. Falamos diso constantemente: do bullying, da privacidade, das estafas, das adiccións e doutra morea de cousas que se traducen en que non temos tempo porque pasamos moitas horas coa cara pegada ás pantallas dos nosos dispositivos.
E se en vez de preguntar onde foi o tempo que nos prometeu a tecnoloxía, preguntamos quen o levou? Non fai falla irmos de viaxe a California: a resposta pode estar moito máis preto do que cremos.
Categorías Relatorio en Galego