No 2020 por cuestións que todos sabemos, perdimos momentaneamente as WordCamps presenciais. Mais a gaña de seguir aportando á comunidade leváronnos a crear unha WordCamp online a nivel nacional que foi un éxito. Ó ano seguinte seguimos confinados, e volveuse a facer unha WordCamp a nivel nacional. Mais co hándicap de que todos estabamos fartos de estar na casa, e houbo que engadir cousas novas para crear unha boa experiencia do evento.
Por iso, fíxose un LateShow de WordPress. Si, un programa nocturno desenfadado, que pode parecer que non ten ningún sentido, pero tivo, e foi un éxito!
Nesta charla quero explicar, cómo xurdiu a idea, cómo a executamos tanto pola parte do equipo que formamos para facela, como pola parte técnica para conseguilo. e por último, e máis importante: porqué facer un LateShow, porqué facer estas cousas para a comunidade de WordPress, e qué aprendemos de todo iso o equipo que a fixo.