ISABEL GARCÍA

ISABEL GARCÍA

Chámome Isabel García e estou especializada no desenvolvemento de campañas de publicidade dixital. Deseño e xestiono as campañas publicitarias dos meus clientes, así como formo a persoas que queiran aprender a xestionar as súas campañas e axudo a quen xa as realiza a optimizalas.

Son freelance e gústame facer as cousas con lóxica e moito corazón, por iso a miña web chámase “SEMtido Publicidad”.

Durante máis de 5 anos fun locutora en emisoras de radio como Cadena Ser, Radio Voz e Cadena COPE, como son unha apaixonada da radio, creei o meu podcast “SEMtido para emprendedores” onde falo de conceptos básicos de marketing dixital centrados en publicidade e entrevisto a xente que xa vive da súa paixón grazas a internet. Se queres escoitarme podes facelo en Spotify – SEMtido para emprendedores.

Durante máis de 18 anos xestionei clientes en Galicia e Portugal, a venda e a negociación é outra das miñas paixóns.

Actualmente fusiono todas as miñas inquietudes profesionais e persoais axudando a profesionais e empresas a ter máis visibilidade en Internet e conseguir contactos e clientes máis cualificados mediante campañas publicitarias.

Sesión


WordCamp Pontevedra 2022 is over. Check out the next edition!