Deime conta que son como un ovo Kinder:
– Por fóra: Canario con sangue vasco, e familia en Galicia, encántame o café e facer deporte. Aprender cousas novas e compartir coñecemento son as miñas paixóns.
– Por dentro: Enxeñeiro Informático, CISSP, Consultor Tecnolóxico, fotógrafo e emprendedor. Traballo desde 2015 en Sucuri no departamento de «Incident Response» e en GoDaddy no de «Web Security», onde estou en contacto directo con hackeos en WordPress a diario.
A envoltura do ovo Kinder tamén a levo xa que son pai. O chocolate é de viaxar constantemente grazas a ser un nómade dixital, na miña opinión o mellor medicamento para a maioría dos problemas da sociedade de hoxe en día.