Palabros como «Hacker», «ciberseguridade», «plugins de seguridade», «WAF» ou «Firewall», etc. adoitan facer levantar unha cella a levantar unha cella a todo o mundo que non pertence á contorna.
Propoño por iso unha sesión ao estilo americano AMA (Ask Me Anything) na que fago un repaso sobre conceptos de ciberseguridade e conduzo unha sesión semi-improvisada baseada nas preguntas do público. Desde como converterse en analista de seguridade e que se necesita, ata como resolver un problema concreto, ou a miña opinión sobre Anonymous e a serie Mr. Robot…