De tódalas partes do proceso de venda dunha tenda online, o checkout ou páxina de pago é a máis importante: é o lugar onde as visitas convértense en vendas.
A túa tenda online pode ter un deseño moi atractivo e pode ser moi sinxelo de usar. Incluso, pode ter uns produtos estupendos e un tráfico altísimo. Pero nada disto importa se as visitas se atascan no checkout.
Sabías que a media de abandono do carriño é do 70%? Flipante. 7 de cada 10 clientes/as abandonan o seu carriño por algún motivo.
Por iso, o mellor que podemos facer para reducir o abandono do carriño e aumentar as conversións é optimizar o checkout.