Habitualmente, centrámonos en que nos vexan pero non sabemos converter. Usamos moitas accións ou estratexias, moitas delas en plataformas alleas (Meta, Google, Spotify, etc.), e non levamos ó usuario á nosa web para ser nós quen teñamos o seu contacto, e por tanto, a relación entre os dous.
Transmitir que WordPress é a nosa base de campaña na guerra. E aínda que saímos a defender e obter moita visibilidade (a outros sitios), debemos volver ás «trincheiras», á nosa casa, e traernos ó cliente connosco.